Transversos de amor y desamor

Xosé A. Perozo presenta Transversos de amor y desamor, en Vigo

Xosé A. Perozo presenta Transversos de amor y desamor, o seu primeiro libro de poemas este mércores, 20 de marzo, no Restaurante do Corte Inglés de Vigo, ás 20.00.

O autor estará acompañado por Manuel Bragado Rodríguez, mestre e editor en Xerais por 28 anos, Pati Blanco, Xefe de Relacións Externas do Corte Inglés e poeta, e a actriz Sabela Hermida Mondelo, que ofrecerá un breve recital da obra de Perozo.

 

Sinopse de Transversos de amor y desamor

Transversos de amor y desamor, editado pola prestixiosa Editorial Cuadernos del Laberinto, é un libro-viaxe amoroso, unha paréntese fresca e sensible entre o caos diario. Perozo construíu un abanico sentimental e existencial de sensacións alleas e, quen sabe?, propias.

Poemas que se vertebran entre o colorido da súa obra pictórica, que nos achega a un mundo fascinante onde recoñecerse e habitar é tan sinxelo -ou complicado – como o amor.