Presentación Un regalo de vida. La historia de 700, de David Gil.

Un regalo de vida. La historia de 700, en Vigo

O vindeiro mércores 24 de abril David Gil, presidente da Asociación FranGil, presenta o seu primeiro libro: Un regalo de vida. La historia de 700.

O autor estará acompañado por Llerena Perozo, editora, Belén Porteiro, xornalista, Alejandro Pérez Dávila, comunicador, e o músico Gustavo Almeida, que ofrecerá un breve concerto.

A presentación terá lugar no Colexio San José de Cluny (Rúa do Carballo, 46), ás 19.30h.

 

Sinopse de Un regalo de vida. La historia de 700

Este libro é un compendio de textos creados nos últimos dezasete anos e medio. Pequenos e grandes intres que ilustran etapas e momentos do camiño percorrido desde que Fran, irmán de David, fose diagnosticado de leucemia linfoblástica aguda ata o día da súa publicación, cando se cumpren catorce anos do seu pasamento e se celebra a décima edición da marcha solidaria 700 Camisetas contra la Leucemia.

Fran e David, primeiro fisicamente, despois xuntos doutra maneira, berraron aos catro ventos para concienciar de algo moi sinxelo: no interior de cada persoa está a menciña para que outra poida superar unha enfermidade devastadora.

Coñece máis sobre…

Un regalo de vida. La historia de 700

Un regalo de vida. La historia de 700, por David Gil