12-04-2019 / Presentación
Madrid acolle Transversos de amor y desamor
Xosé A. Perozo presentou o seu primeiro poemario na Casa do Libro, en Madrid, acompañado de personalidades públicas e artistas recoñecidos
A villa recibiu cos brazos abertos ao escritor, xornalista e editor de Auga Editora na presentación do seu primeiro libro de poemas, Transversos de amor y desamor, unha viaxe polas súas experiencias sentimentais. Ao autor recibíronlle a editora de Cuadernos del Laberinto, Alicia Arés; o poeta Antonio Nieto; a actriz Analía Ivars e o escritor e ex Ministro de Cultura (2007-2009), César Antonio Molina. Para máis interese, pode escoitar a presentación no seguinte vídeo.
