Roteiro de Rumores de Compostela con Xosé A. Perozo, na SELIC

Roteiro de Rumores de Compostela con Xosé A. Perozo, na SELIC

Xosé A. Perozo, realizará o paseo guiado Rumores de Compostela, lendas veridicamente falsas, este domingo 9 de xuño, dentro do calendario de actos da SELIC.

No roteiro, que comezará ás 18.00hs na Praza da Quintana, guiará aos camiñantes a través de varios dos lugares que protagonizan as lendas do seu libro Rumores de Compostela. No paseo recordarase os murmurios históricos sobre a Capela da Corticela e da Igrexa de San Fructuoso, así como os contos sobre o Atlante da Praza do Toural e do Grifón da Praza da Quintana, entre outros moitos.

As persoas interesadas deben inscribirse a través do enderezo electrónico: selic2019@santiagodecompostela.gal, colocando como asunto “Roteiro Rumores”.

  • Se non atopa Rumores de Compostela na súa librería de referencia pode solicitalo en Auga Editora.