Un regalo de vida. La historia de 700.

Un regalo de vida. La historia de 700

Un regalo de vida. La historia de 700 é un compendio de textos creados nos últimos dezasete anos e medio. Pequenos e grandes intres que ilustran etapas e momentos do camiño percorrido desde que Fran, irmán de David, fose diagnosticado de leucemia linfoblástica aguda ata o día da súa publicación, cando se cumpren catorce anos do seu pasamento e se celebra a décima edición da marcha solidaria 700 Camisetas contra la Leucemia.

Fran e David, primeiro fisicamente, despois xuntos doutra maneira, berraron aos catro ventos para concienciar de algo moi sinxelo: no interior de cada persoa está a menciña para que outra poida superar unha enfermidade devastadora.

  • Se non atopa Un regalo de vida. La historia de 700 na súa librería de referencia pode solicitalo en Auga Editora.