"Hai máis de vinte e cinco anos que colaboro en La Voz, porén nunca publiquei un libro coas columnas máis lúdicas que escribín", Xosé Carlos Caneiro en O país das marabillas.

O país das marabillas

«Hai máis de vinte e cinco anos que colaboro en La Voz, porén nunca publiquei un libro coas columnas máis lúdicas que escribín. Chegou o momento. O ano de Carlos Casares brindoume esta oportunidade. En primeiro lugar, para agradecer con alegría estes vinte e cinco anos en La Voz de Galicia. Segundo, para render tributo ao home que hai anos ocupou, con prosas transparentes e gratas, a contraportada na que eu escribo cada xoves. As miñas columnas queren ser epigonais das do mestre Casares. Velaquí as causas deste libro composto por sesenta episodios, os mesmos que contaba Carlos Casares Mouriño o ano do seu adeus», Xosé Carlos Caneiro.

  • Se non atopa O país das marabillas na súa librería de referencia pode solicitalo en Auga Editora.