Volume dedicado á traxectoria vital e profesional da mestra, escritora e tradutora María Victoria Moreno, homenaxeada no Día das Letras Galegas en 2018.

María Victoria, terra adiante

Volume dedicado á traxectoria vital e profesional da mestra, escritora e tradutora María Victoria Moreno, a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas en 2018. Nacida en Valencia de Alcántara en 1939, no 1963 chegou a Pontevedra e nunca imaxinou que a engaiolarían para siempre Galicia, a súa lingua, a súa cultura e a súa xente.

Pioneira da literatura infantil e xuvenil en Galicia, María Victoria Moreno foi recoñecida con varios premios literarios entre os que destacan o Premio Facho e lista de honra do IBBY por O Cataventos (1975), lista de Honra do IBBY por Anagnórise (1990), lista White Ravens por Guedellas de seda e liño (2002) e o Premio de Novela Curta Manuel Díaz Luís por Alcores de Donalvar (2005). Como tradutora publicou Mecanoscrito da segunda orixe, de Manuel Pedrolo; El día que llovió de noche, de Helena Villar Janeiro; e As mazás da prosperidade, de H. C. Andersen. Da súa produción, destacan ademais os títulos Onde o aire non era brisa, Mar adiante, A festa no faiado, A brétema, Leonardo e os fontaneiros e Elexías de luz.

  • Se non atopa María Victoria, terra adiante na súa librería de referencia pode solicitalo en Auga Editora.