La Casa de la Troya

La Casa de la Troya

La Casa de la Troya é unha das máis célebres e celebradas obras da novela romántica contemporánea. Levada ao cine e ao teatro, máis de duascentas edicións avalan a súa aceptación por todo tipo de públicos dende a súa aparición en 1915.

Malia que Pérez Lugín centra a trama na historia de amor da señorita provinciana de Santiago de Compostela, Carmiña de Castro Retén, e do crápula madrileño, Gerardo Roquer, en realidade estamos ante unha novela coral, fronte a un retablo extraordinario que reflexa a vida e os costumes do seu tempo e as inmortaliza na literatura. Retrata con gran mestría o discorrer da existencia na Universidade de finais do século XIX, sempre chea de amor, de paixóns, enredos, costumes decadentes e crítica da dobre moral dunha burguesía que se move á sombra do clero.

Edición corrixida, actualizada e anotada da longa traxectoria desta excelente narración. Un traballo co que esperamos contribuír a pór en valor e recuperar a actualidade dunha novela célebre que, próxima ao seu centenario, nunca perdeu o aplauso dos lectores.

  • Se non atopa La Casa de la Troya na súa librería de referencia pode solicitalo en Auga Editora.