Carvalho Calero fronte ao espello da memoria

Letras Galegas 2020

Ricardo Carvalho Calero é unha figura crucial da cultura e da literatura galegas. Unha personalidade singular. Traballador da lingua e creador dunha corrente diferente aos latexos “oficiais” dun momento no que a ortografía estaba a rexurdir e definir a identidade da escrita futura.
Pasou de ser unha personalidade básica na resistencia cultural a ser convertido nun escritor case proscrito na democracia. Tiveron que pasar trinta anos, despois do seu pasamento no 1990, para que a RAG lle dedicase o Día das Letras Galegas e volvesen falar del nas aulas. Nesta biografía, Alberto Ramos fai un percorrido pola súa xeira vital e intelectual.

 

[bucket id=”2205″ title=”Botón Pedir”]