Ben-Cho-Shey inedito

Ben-Cho-Shey inédito

Velaquí unha achega á figura de Ben-Cho-Shey que agroma cando se cumpren tres décadas da súa morte, co obxecto de espallar o coñecemento sobre o polígrafo humilde e discreto, que esconde unha das personalidades máis íntegras do compromiso galeguista.
Estas páxinas contan de seu un anaco da historia de Xosé Ramón e Fernández Oxea, que é a historia dun dos integrantes sobranceiros da xeración Nós – xunto a Otero Pedrayo, Risco, Cuevillas e Castelao -, en tanto que mestre e conferenciante, etnógrafo e historiador, xeógrafo e arqueólogo, bibliófilo e xornalista, prosista e poeta, defensor da lingua e notario notorio de Santa Marta de Moreiras cumio da súa obra. Así, dende a súa veciñanza en Madrid, complicidade de amigo e compartido raizame ourensán, o autor destas páxinas achéganos ao Ben-Cho-Shey abandeirado da ourensanía máis galega e universal do século XX.

  • Se non atopa Ben-Cho-Shey inédito na súa librería de referencia pode solicitalo en Auga Editora.