Antonio Fraguas, unha epopea vital
Cada ano o Día das Letras Galegas cítanos cunha personalidade da nosa cultura. Antonio Fraguas Fraguas foi o autor escollido pola RAG para 2019, un intelectual en cuxa vida poderiamos resumir toda a realidade do século XX. Un neno de aldea que foi que de acadar unha posición sobranceira na intelectualidade de Galicia grazas ao seu esforzo e tesón.
En Antonio Fraguas, unha epopea vital coñeceremos non só o home culto, senón tamén as súas facetas humanas máis íntimas. Esta é unha crónica na que, mediante dous camiños narrativos diferentes, poderemos percorrer os tempos da súa cronoloxía e as escenas da súa vida.
[bucket id=”2205″ title=”Botón Pedir”]
- Galego
- 978-84-120308-7-7
- Estrela Polar Letras Galegas
- Xuvenil
- Xosé A. Perozo
- Antonio Seijas
- 12,50 €