Amor Amargo

Amor amargo

Ana cumprira os dezasete anos, xa rematara o bacharelato e había un curso que saía con Uxío cando comezaron os problemas co resto do grupo por mor desa relación amorosa.
Uxío xa vai a Universidade, é o típico guaperas de vinte anos e non cae ben a ninguén da panda. Non entenden como unha moza da intelixencia de Ana, sobresaliente en todo, aspirante a grande arquitecta, magnífica lectora, afeccionada á boa música e admirada polo seu encanto e simpatía, aguanta o machismo de Uxío.
O verán nunha vila mariñeira, non moi lonxe da súa cidade de orixe, é o escenario onde todos van vivir algunhas das moitas formas que hai de entender as amizades, as relacións de parella e o desenvolvemento dun amor amargo.
A mestura de narración e de cómic fan de Amor amargo un experimento literario extraordinariamente dinámico e interesante.

 

[bucket id=”2205″ title=”Botón Pedir”]