A Ecopanda e o misterio do Románico

Algo extraordinario está sucedendo no Camiño Francés de Santiago. As noticias falan de estraños roubos de obras de arte románica nas principais cidades cunha continuidade sorprendente. Semella un traballo ben artellado que despista a policía.
Van ser os membros da Ecopanda quen decidan investigar o suceso guiados por unha sospeita, seica Míster Retope e os seus secuaces poden ser os ladróns con algún raro propósito.
Paga a pena seguir os pasos dos cincos compoñentes da Ecopanda porque tamén descubriremos interesantes aspectos do mítico Camiño Francés de Santiago.

 

Esta obra forma parte do programa O teu Xacobeo impulsado pola Xunta de Galicia.

 

[bucket id=”2205″ title=”Botón Pedir”]