Xosé A. Perozo con Rumores de Compostela

Presentación de Rumores de Compostela na Fundación Gonzalo Torrente Ballester

Rumores de Compostela, de Xosé A. Perozo, presentarase o vindeiro mércores 13 de marzo na Fundación Gonzalo Torrente Ballester, ás 19.30.

Neste evento, organizado polo Consorcio de Santiago, falarán  Xosé A. Perozo, autor do libro; Antonio Seijas, ilustrador; Martiño Noriega, alcalde e presidente do Consorcio de Santiago e Belén Hernández e Juan Conde Roa, xerente e responsable de publicacións do Consorcio de Santiago.

 

Sinopse de Rumores de Compostela:

Os testemuños escritos sobre Santiago de Compostela son inmensos. A memoria da cidade é un patrimonio no que se mesturan á perfección a historia coas lendas, as mitoloxías, as suposicións, as teorías, os misterios… Deste modo, a memoria documental é unha permanente fonte tanto para historiadores como para a imaxinación. Neste libro, tomando como referencia os rumores, Perozo construíu doce historias que el domina “veridicamente falsas” nalgúns casos sustentadas sobre sucesos reais, noutros utilizando personaxes históricos e na totalidade centradas en espazos recoñecibles da cidade, creando así un universo narrativo coherente que anima a adentrarse nos misterios de Compostela.

 

  • Se non atopa Rumores de Compostela na súa librería de referencia pode solicitalo en Auga Editora.