Este xoves 4 de abril preséntase Transversos de amor y desamor na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela

Xosé A. Perozo presenta Transversos de amor y desamor, en Santiago de Compostela

Xosé A. Perozo presenta Transversos de amor y desamor, o seu primeiro libro de poemas este xoves, 4 de abril, na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela.

O autor estará acompañado por X.H. Rivadulla, escritor, guionista e presentador, Alberto Ramos, xornalista e escritor, e a actriz Sabela Hermida, que ofrecerá un breve recital da obra de Perozo.

 

Sinopse de Transversos de amor y desamor

Transversos de amor y desamor, editado pola prestixiosa Editorial Cuadernos del Laberinto, é un libro-viaxe amoroso, unha paréntese fresca e sensible entre o caos diario. Perozo construíu un abanico sentimental e existencial de sensacións alleas e, quen sabe?, propias.

Poemas que se vertebran entre o colorido da súa obra pictórica, que nos achega a un mundo fascinante onde recoñecerse e habitar é tan sinxelo -ou complicado – como o amor.