Paseo guiado de “Rumores de Compostela, lendas veridicamente falsas”

O paseo guiado de Rumores de Compostela, lendas veridicamente falsas de Xosé A. Perozo dou moito do que falar.

Perozo compartiu cos máis de trinta acompañantes ao roteiro da SELIC os rumores existentes sobre os amoríos na Igrexa da Corticela, as lendas da Igrexa de San Fructuoso, as rúas de Entre rúas e o Vilar. Tamén, houbo tempo para coñecer a historia máis descoñecida da Praza do Obradoiro e a Praza de Platerías.