Recomendamos

Novidades editoriais

Sementamos igualdade

  • Autoría: Llerena Perozo Porteiro
  • Ilustracións: Viki Berre
  • Idioma: Galego
  • Clasificación: Divulgación
  • ISBN: 978-84-120382-5-5
  • Depósito legal: C 1129 – 2019
  • PVP: 12,50 €
  • Libro con fotografías a cor, tapa branda, 60 páxinas

Todas e todos queremos vivir nun mundo mellor, nunha sociedade habitada por xentes pacíficas, que se traten con respecto e colaboren nas tarefas comúns de convivencia. Ninguén soña con limitarse a sobrevivir nunha contorna hostil, violenta e desigual. Non é certo? O sistema democrático garante que poidamos votar e elixir a quen nos representan e lexislan para establecer esas normas de convivencia, mais está nas nosas mans, nas de toda a cidadanía, facelas efectivas. Até que a metade da poboación non estea libre de sufrir violencia e discriminación polo feito de ser mulleres non poderemos afirmar que vivimos nun sistema social xusto. Con este manual pretendemos ter sempre preto de nós unha guía útil e didáctica ao servizo da comprensión de todas as idades. Con ela poderemos empezar a cambiar actitudes e comportamentos, así como sermos quen de recoñecer e distinguir o machismo e saber como actuar ante el. Esperamos, pois, sementar igualdade para recoller un futuro, non moi afastado, mellor.

Amor amargo

  • Autoría: Xosé A. Perozo
  • Ilustracións: Victoria Riveiro Currais
  • Idioma: Galego e castelán
  • Clasificación: Literatura xuvenil
  • ISBN: 978-84-120308-0-8
  • Depósito legal: C 7575 – 2019
  • PVP: 14,00 €
  • Novela ilustrada, tapa branda, 93 páxinas

Ana cumprira os dezasete anos, xa rematara o bacharelato e había un curso que saía con Uxío cando comezaron os problemas co resto do grupo por mor desa relación amorosa. Uxío xa vai a Universidade, é o típico guaperas de vinte anos e non cae ben a ninguén da panda. Non entenden como unha moza da intelixencia de Ana, sobresaliente en todo, aspirante a grande arquitecta, magnífica lectora, afeccionada á boa música e admirada polo seu encanto e simpatía, aguanta o machismo de Uxío. O verán nunha vila mariñeira, non moi lonxe da súa cidade de orixe, é o escenario onde todos van vivir algunhas das moitas formas que hai de entender as amizades, as relacións de parella e o desenvolvemento dun amor amargo. A mestura de narración e de cómic fan desta novela un experimento literario extraordinariamente dinámico e interesante.