Recomendamos

Novidades editoriais

Carvalho Calero fronte ao espello da memoria

  • Autoría: Alberto Ramos
  • Ilustracións: Antonio Seijas
  • Idioma: Galego 
  • Colección: Estrela Polar
  • Clasificación: Divulgación
  • ISBN: 978-84-120597-4-8
  • Depósito legal: C 37-2020
  • PVP: 14,00 €
  • Libro ilustrado, tapa branda, 48 páxinas

Ricardo Carvalho Calero é unha figura crucial da cultura e da literatura galegas. Unha personalidade singular. Traballador da lingua e creador dunha corrente diferente aos latexos “oficiais” dun momento no que a ortografía estaba a rexurdir e definir a identidade da escrita futura. Pasou de ser unha personalidade básica na resistencia cultural a ser convertido nun escritor case proscrito na democracia. Tiveron que pasar trinta anos, despois do seu pasamento no 1990, para que a RAG lle dedicase o Día das Letras Galegas e volvesen falar del nas aulas. Nesta biografía, Alberto Ramos fai un percorrido pola súa xeira vital e intelectual.

A Ecopanda e o misterio do Románico

  • Autoría: Xosé A. Perozo
  • Ilustracións: Viki Berre
  • Idioma: Galego
  • Clasificación: Divulgación
  • ISBN: 978-84-120597-2-4
  • Depósito legal: C 2148 – 2019
  • PVP: 13,00 €
  • Libro ilustrado a cor, tapa branda, 36 páxinas

Algo extraordinario está sucedendo no Camiño Francés de Santiago. As noticias falan de estraños roubos de obras de arte románica nas principais cidades cunha continuidade sorprendente. Semella un traballo ben artellado que despista a policía. Van ser os membros da Ecopanda quen decidan investigar o suceso guiados por unha sospeita, seica Míster Retope e os seus secuaces poden ser os ladróns con algún raro propósito. Paga a pena seguir os pasos dos cincos compoñentes da Ecopanda porque tamén descubriremos interesantes aspectos do mítico Camiño Francés de Santiago.

Esta obra forma parte do programa O teu Xacobeo impulsado pola Xunta de Galicia.