Aquel Nadal en Viladeteixo ía ser distinto. O derradeiro ano do século XX veu con sorpresas a aquela gran vila onde había un barrio rico e moitos outros pobres. A un destes últimos, Kalpankalá, chegaron os Reis Magos e Papá Noel de casualidade, por un estraño motivo que ninguén é capaz de coñecer. A resposta vaina ter Rosana Patacatola, unha xenial e estrafalaria avoa.
Poden ser amigos un dragón e un salgueiro? Pois si, cando os animais e as plantas falaban e vivían no monte da Cova da Serpe. Serpe, un enorme dragón vermello, conseguirá que os ríos e mananciais non sequen e que a terra non quede sen auga. Nesta aventura acompañarannos as nubes grises cargadas de auga, que descargarán a chuvia sobre a terra seca e os bosques.
Vanesa é unha nena que de maior quere ser moitas cousas. Un día decide que será doutora, ao día seguinte prefire ser arquitecta, outro día quere ser xornalista ou escritora. Non o ten claro. Pero o que si sabe é que ela non quere ser princesa. Vanesa quere ser libre e decidir por si mesma.
Esta páxina emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar, consinte a aceptación das mencionadas cookies e da nosa política de cookies.