En Auga Editora quedamos na casa, seguimos traballando

16-03-2020 / COVID-19

En Auga Editora quedamos na casa, seguimos traballando

A actividade laboral continuará con normalidade dende casa mentres dure o estado de alarma decretado polo coronavirus

En Auga Editora quedamos na casa, pero iso non nos vai impedir seguir a espallar a imaxinación e a literatura a través da rede global. Mentres preparamos entretementos e agasallos que publicaremos nesta páxina, aproveitamos para lanzar unha mensaxe de esperanza e fe na humanidade: temos a certeza de que imos parar o COVID-19, pero é responsabilidade de todas e todos.
Por iso, protéxete fronte ao coronavirus e #QuedaNaCasa!

É responsabilidade de todas e todos