Presentación de A grande epopea do pianista de Cans.

Grande éxito nas presentación de A grande epopea do pianista de Cans

A grande epopea do pianista de Cans, narración xuvenil do escritor, xornalista e editor Xosé A. Perozo, recibiu unha importante acollida no Festival de Cans.

Presentación de A grande epopea do pianista de Cans.

Presentación de A grande epopea do pianista de Cans.

 

 

No Día dos veciños, a presentación formou parte dos actos de apertura do festival xunto a actuación das Pandereteiras de Cans e a estrea da película Os catro ventos de cans. A memoria da música.

Perozo, que estivo acompañado do director do festival, Alfonso Pato e da profesora e crítica literaria María Navarro, falou das lendas arredor da famosa pedra coñecida como “Beethoven” ou como “O Pianista de Cans”.

O segundo día de festival, Xosé A. Perozo falou da súa obra na sección LendoCine, presentada por Ana Cermeño.

 

 

 

Portadas de A grande epopea do pianista de Cans.

Portadas de A grande epopea do pianista de Cans.

 

Sinopse de A grande epopea do pianista de Cans:

Nas proximidades de Porriño, no cume do Monte Castelo, fronte á aldea de Cans existe un rochedo que representa un pianista sentado en actitude de tocar o seu instrumento. Unha grande escultura que podemos tomar por un capricho da natureza.
Pero non, ese personaxe e o seu piano de cola gardan as notas dunha lenda. En realidade o personaxe chamouse Pedro de Chamorro, foi natural de Cans, acadou gloria e mais sona no século XVIII e ficou aí inmortalizado para a eternidade.
Como aconteceu? Ese é o seu segredo, a apaixonante epopea de amor pola música e o tesón que Xosé A. Perozo resucitou aquí para gozo das xeracións presentes e futuras.

 

 

  • Se non atopa A grande epopea do pianista de Cans na súa librería de referencia pode solicitalo en Auga Editora.