X. H. Rivadulla Corcón

X. H. Rivadulla Corcón

X. H. Rivadulla Corcón, (A Coruña 1962) escritor e guionista. Dirixiu varios programas e documentais na TVG entre os que destacan Salitre, Planeta fantasía, Coralia e Maruxa. As irmás Fandiño, Redeiras. Un oficio galego e de mulleres e Pescadores de historias. Na Radio Galega dirixiu o programa A casa do vagabundo.

Entre os seus libros destacan en literatura infantil e xuvenil O bebé máxico (2000), A balada de Roi Nemiña (2007) e Os piratas da illa da Esperanza (2008); a novela Do mar é a noite (2002); as pezas teatrais ¡Furga garabela! (2001), Praia na noite (2002); e o poemario O adeus do vello vagabundo (2007). Foi incluído na antoloxía de poetas da Costa da Morte De Pondal ao Batallón Literario (2009).

X. H. Rivadulla Corcón recibiu o Premio Frei Martín Sarmiento de literatura infantil polas obras O elefante dunha soa orella (2004), O sorriso de Claudia (2007) e O noso amor será eterno (2011). É autor de Camiño ao mar, de Auga Editora.