Viki Berre

Viki Berre

A Coruña, 1990. Ilustradora.

Estudou en Lugo Técnico en Realización de Audiovisuais, é dicir, quería ser unha desas persoas que están detrás das cámaras de televisión organizando os programas e series que vemos nas nosas casas. Pero un día Viki decidiu que quería deseñar, crear e imaxinar mundos diferentes ilustrando libros e participou na escola de ilustración O neno amarelo, en Santiago de Compostela. Entre os seus títulos ilustrados destacan Soños de mar, A palabra máxica, Telma, Leire e os coellos sabios, O castiñeiro dos desexos, Chove meu doce amor pra que eu soñe… , e Miguel, una cabrita y un sueño.