Suso Cubeiro

Suso Cubeiro, ilustrador e pintor. Da súa obra destaca Los tres cielos. Aventuras infantís de Rodríguez de la Fuente de Auga Editora.

Suso Cubeiro, (A Coruña, 1954). Ilustrador e pintor. Da súa obra destacan os títulos El espíritu del bosque (2003), Diccionario de seres fantásticos (2005), Larita (2005), da que tamén é autor do texto, La vuelta al mundo en 80 días (2006), El secreto del Bosque Viejo (2006), La Casa de la Troya (2008), Un xoguete para Rosalinda (2009), en colaboración con Ana Prado, Animalario (2012), A costureira das ánimas (2012), en colaboración con Ana Prado, e Los tres cielos. Aventuras infantís de Rodríguez de la Fuente (2010), en colaboración con Miguel A. Pinto.

Como ilustrador de natureza destacan as obras realizadas para os centros de visitantes das aulas de natureza de Chelo (A Coruña), Moreda do Courel (Lugo) e a do río Miño (Ourense). A súa obra está exposta en, entre outras institucións, no Museo do Mar do castelo de San Carlos de Fisterra, na lonxa turística de Fisterra, no castelo de Santa Cruz en Oleiros e no Museo do Mar de Rianxo.