Sonia García

Sonia García é educadora ademais de ilustradora, deseñadora e colaborou en Rumores de Compostela. A súa obra pódese observar en illacromatica.com

Sonia García (Ribeira, 1986) é educadora ademais de ilustradora e deseñadora. Estudou Proxección e Dirección de obras de decoración de interiores no Mestre Mateo e o Ciclo Superior de Ilustración nas Escolas de Arte e Deseño Antón Faílde (Ourense) e na Escola Picasso (A Coruña). Facendo de transición dun estudo a outro realizou Educación Musical na facultade das Ciencias da Educación en Santiago de Compostela.

Na actualidade reside en Compostela onde traballa como educadora na escola Semente e imparte obradoiros de ilustración en diversos espazos. Publicou o álbum Sementes e ilustrou diferentes libros disco como Gelría, Concerto Punk Infantil e Tanxugueiras. A súa obra pódese observar nunha illa no fondo de internet, Sonia García refúxiase na illacromatica.com