Sandra Lesta

Sandra Lesta compaxina o seu traballo de guión co de directora e profesora de teatro. En 2017 publica o seu primeiro libro, Bastións, de Auga Editora.

Sandra Lesta (Negreira, 1976) compaxina o seu traballo de guión co de directora e profesora de teatro dende hai máis de quince anos. É directora da Escola de Teatro Municipal de Negreira e autora de varias obras teatrais que recibiron diferentes premios na categoría infantil e xuvenil dentro do Certame Provincial da Coruña. É cocreadora e actriz da serie web Angélica e Roberta, gañadora dun Premio Mestre Mateo en 2014, e guionista da serie Antes de perder para PlayZ de RTVE. É tamén programadora e directora de gala no festival Carballo Interplay. En 2017 publica o seu primeiro libro, Bastións, de Auga Editora, inspirado na obra escultórica de Jose Perozo, con ilustracións do propio escultor.