Ramón Couto Turnes

Ramón Couto Turnes

Licenciado en Psicoloxía e Teoloxía.

Especialista en Psicoanálise pola Universidad Pontificia de Comillas, é diplomado en Orientación Familiar e en Dietética pola Universidad de Navarra. Así mesmo, é especialista en nutrición e investigador da Sociedade Galega de Investigacións Científicas-Irisma. Orientador familiar e sacerdote da Igrexa ortodoxa-patriarcado de Serbia e reitor da comunidade ortodoxa da Coruña, foi presidente da Universidad Popular del Noroeste e director da Escuela de Meditación Filocalia da Coruña. Escritor e colaborador en revistas científicas, radio e televisión, colaborou con diversas causas solidarias a través de axuda humanitaria e científica.