Paco López-Barxas

Paco López-Barxas, escritor, periodista e crítico literario. No noso catálogo atopará Mazurca para Camilo José Cela e Pedro, ladrón de historias.

Paco López-Barxas (Ponte Barxas, Ourense, 1952). Escritor, xornalista e crítico literario. Colaborador nas revistas Quimera, Leer e Grial, foi profesor de literatura, director do Xornal Diario en Pontevedra, responsable de Comunicación no Consorcio de Santiago de Compostela e redactor xefe de informativos da Televisión de Galicia. No eido da política foi director xeral de Promoción e Difusión Cultural e director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos no Goberno da Xunta de Galicia.

Paco López-Barxas é autor de libros sobre literatura, sobre escritores que admira como Stendhal, Machado ou Cela e de contos ilustrados para o público infantil. Da súa produción literaria destacan as obras En torno a Antonio Machado (1988), Eugenio Granell. O surrealismo felizmente vivo (1991), Palabra de autor, palabra de autora (2005), No xardín das mandrágoras (2006), Confieso que he leído (2017), O ladrón de paxaros (2006), Sar e Sarela, os monstros de Compostela (2006), A avoa do nobelo branco (2009), Pedro, ladrón de historias (2017) e Nemo e Sabela polos parques de Compostela (2017).