Xosé Carlos Caneiro

Xosé Carlos Caneiro recibiu o Premio Nacional da Crítica. O seu libro O país das marabillas está no catálogo de Auga Editora.

Xosé Carlos Caneiro (Verín, 1963). Diplomado en Maxisterio e licenciado en Xeografía e Historia. Asesor do Centro de Formación do Profesorado da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e profesor do curso Arte da Ficción e Creación Literaria da Universidade de Vigo. Colaborador habitual de La Voz de Galicia e da Radio Galega no espazo diario A crónica, dirixiu e presentou o programa cultural As luces da TVG.

Comezou a publicar no ano 1984 e da súa produción destacan os títulos Estación Sur (1994), Un xogo de apócrifos (1997), Talvez melancolía (1999), Ébora (2000), A rosa de Borges (2000), Triloxía dos tristes (2001), Todas las vidas de Madame Bovary (2017) e O país das marabillas (2018). Actúa habitualmente co cantautor Emilio Rúa en espectáculos poético-musicais. Xosé Carlos Caneiro recibiu, entre outros, o Premio Nacional da Crítica e foi finalista do Premio Nacional de Narrativa. A súa obra está traducida a varios idiomas.