Nove Noel

Nove Noel traballa como ilustrador e pintor mural freelance dende 2011. Ilustrou 5 minutos, que podes atopar no catálogo de Auga Editora.

Nove Noel (Rianxo, 1989). Ilustrador e pintor mural. É técnico en Ilustración pola EASD Pablo Picasso da Coruña e graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballa como ilustrador e pintor mural freelance dende 2011 para empresas, particulares e institucións como Bergen Audiovisual, TVG, Concello de Santiago, Deputación da Coruña, Editorial Elvira, Cabezas Cuadradas, Auga Editora ou Vaova Gastro.

Nove Noel foi premiado no Concurso de Ilustración Sociedad El Valle de Oro (2010) e GZ Crea (2012 e 2017), participou en numerosos festivais de arte urbana en España, Portugal e México (Desordes Creativas, O Marisquiño, Rexenera Fest, Eutopia, Acapulco Pro, Street art Mujam). Recibiu bolsas de creación e residencia artística en Córdoba (España), Angoulême (Francia) e Guadalajara (México), onde realizou a súa primeira mostra individual de ilustración e pintura na Galería Apollinaire (2016).