Miguel Jara

Miguel Jara está especializado na investigación e análise de temas de saúde e ecoloxía. Publicou Traficantes da saúde en Auga Editora.

Miguel Jara (Madrid, 1971). É escritor e xornalista freelance. Está especializado na investigación e análise de temas de saúde e ecoloxía. Edita o blog de referencia www.migueljara.com. É correspondente en España de British Medical Journal (BMJ) e colaborador habitual da revista Discovery DSalud, ademais doutros xornais. Publicou os libros Traficantes de salud: Cómo nos venden medicamentos peligrosos y juegan con la enfermedad (2007), Conspiraciones tóxicas: Cómo atentan contra nuestra salud y el medio ambiente los grupos empresariales (Martínez Roca Ediciones, 2007), en colaboración con Rafael Carrasco e Joaquín Vidal, e La salud que viene: Nuevas enfermedades y el marketing del miedo (Península, 2009).