Miguel Ángel Pinto Cebrián

Llerena Perozo, especialista en comunicación e na súa relación co xénero e co medio ambiente. No 2018 publica Unha gota é un océano.

(Burgos, 1963) Miguel Ángel Pinto Cebrián é guía naturalista, educador e intérprete ambiental. É autor de numerosas publicacións divulgativas entre as que destacan Las Guías de la Senda de la Naturaleza de fuentes Blancas (Burgos), El Parque de Quevedo (León),  Más allá del vino. Fauna y flora de la Ribera del Duero e Los tres cielos. Aventuras infantiles de Félix Rodríguez de la Fuente. Ademais é coautor dos tomos editados por Caja de Burgos Una Historia natural de Burgos e das Guías para peregrinos, sobre a natureza do Camiño de Santiago.

Tamén é ilustrador, os seus traballos atópanse en diversas publicacións e en diferentes medios interpretativos dos espazos naturais de Castela e León e Andalucía. Así mesmo, realizou o deseño de exposicións e a adaptación de textos divulgativos na Aula de Medio Ambiente de Caja de Burgos, da que é director dende a súa creación en 2004.