Miguel A. Vidal Martín

Ourense, 1969. Licenciado en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela.
Despois de 19 anos dedicado á docencia en institutos de secundaria nas provincias de Ávila e Pontevedra trasladouse a Redondela (Pontevedra) ao IES Pedro Floriani onde traballou no PDC (Programa de Diversificación Curricular), con alumnado adolescente con dificultades académicas. Imparte as materias de matemáticas, física e química e ciencias naturais e elabora proxectos interdisciplinares para potenciar a motivación do alumnado. Introduce o origami (papiroflexia) para a explicación de conceptos matemáticos e o desenvolvemento de habilidades inter e intrapersoais.