María Lires

A Coruña, 1973. Ilustradora e escritora.

Estudiou na Escola de Artes Pablo Picasso de A Coruña. Ela mesma preséntase con estas palabras: “Din que hai menos que veñen cun pan baixo o brazo… A min trouxéronme unha Caixa de pinturas coas que empecei moi pronto para sacar a miña versión persoal do mundo. Agora, dende o meu estudo cheo de libros e pinceles, sigo xogando e debuxando a miña versión persoal dos textos de escritores e amigos como Vázquez Pintor, Perozo, Susana Lamela, Neira Cruz, Montse Varela, Susa Herrera… Ilustrar é a miña paixón. Iso é camiñar baixo as árbores na procura dalgunha criatura que atrapar nun novo libro”. Ilustrou, entre otros libros, A caixa do tesouro (2001), Os irmáns Corazón de León (2003), Dona e Don (2004), O vento de Antón (2004), Cartas que veñen e van (2006), Soños de andel (2009), Bechos pequerrechos (2009), Os tratantes de papagaios (2009), El hermano secreto de Caperucita Erre (2010), Longa noite de pedra (2011), Mi pesadilla favorita (2014), Animalario cotián… entre irmáns (2017), Kusuma (2018) e Vento, ventiño, venteiro (2019).