María Lado

María Lado sempre quixo ser escritora. Co Batallón Literario da Costa da Morte comezou a escribir e recitar. No catálogo de Auga Editora está 5 minutos.

María Lado naceu nun taxi o 14 de abril do 1979, a medio camiño entre Cee e o hospital de Santiago de Compostela. Era noite fecha, así que ninguén sabe moi ben onde naceu. De pequena medrou escoitando as historias que contaba o seu bisavó Manolo e talvez por iso sempre quixo ser escritora. Sendo moi nova, xuntouse coa xente do Batallón Literario da Costa da Morte, que era un grupo de escritores, e comezou a escribir e recitar. Publicou poesía e narrativa. Pero cando naceu o seu fillo B. decidiu escribir para crianzas. Dos seus libros publicados infantís destacan Porque Cuqui non quere ir á lavadora (2014), Oso, mamá, si? (2015, Premio Gala do Libro Galego, Poesía 2016) e 5 Minutos (2017). No eido da poesía publicou A primeira visión (1997), Casa atlántica, casa cabaret (2001), Berlín (2005), Nove (2008) e Amantes (2011).