Jose Perozo

Jose Perozo

Vigo, 1978. Artista.

Comeza a súa andaina artística a través da arte urbana a principios dos anos noventa. Estuda escultura na Escola Mestre Mateo de Santiago de Compostela e escenografía en Escénica Técnica de Granada. O seu interese nas artes escenográficas levouno a participar activamente na creación plástica de diversas montaxes coas máis recoñecidas compañías de teatro galego e en producións audiovisuais. No ano 2017 inaugura Bastións na Igrexa da Universidade de Santiago, unha mostra escultórica na que combina a arquitectura coa figura humana. Despois de participar no certame Gois-Oroso Arte, e de colaborar na exposición Retratos con Alegoría do pintor J. Méndez, inaugura en 2018 Bastións II, no Círculo de Empresarios de Vigo, unha continuación da liña creativa da súa anterior exposición individual.