Jorge Mira Pérez

Jorge Mira, activo divulgador científico e Doutor en Física e catedrático de Electromagnetismo na Facultade de Física da USC.

Jorge Mira (Baio, Zas, A Coruña, 1968). Doutor en Física e catedrático de Electromagnetismo na Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela. Activo divulgador científico dende finais dos anos 90, tanto como conferenciante como colaborador en prensa escrita, radio e televisión, participou en programas TVE-2, na RG e na TVG, en programas como Cifras e Letras ou Coma un allo.

Jorge Mira recibiu o Premio da Real Academia de Ciencias, o Premio do Colexio Oficial de Físicos de España e o Premio da Crítica Galicia de Investigación. É o impulsor do Programa ConCiencia de divulgación científica. É autor de A ciencia no punto de mira de Auga Editora.