Javier Akerman

Javier Akerman, especialista en terapias naturais. Dos seus libros publicados destacan Tratamientos naturales de urgencia e Cómo vencer el estrés.

Javier Akerman (Vigo, 1959). Licenciado en Psicoloxía na especialidade de Terapia de Conduta polo ICE da Universidad Pontificia de Comillas e hipnoterapeuta acreditado pola Sociedade Internacional de Hipnoterapia Clínica. Especialista en terapias naturais e colaborador en radio e televisión sobre temas de saúde natural, foi profesor do Máster en Medicina Natural da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela.

As súas inquietudes espirituais levárono a graduarse en Teoloxía e foi ordenado sacerdote da Igrexa ortodoxa. Estudou budismo tibetano no mosteiro Sayka de Pharping (Nepal) co mestre Luding Khenchen Rinponche e meditación na Academia Budista Internacional (IBA) de Katmandú co lama Appey Rinponché. Practicou meditación zen coa comunidade budista Soto Zen dirixida polo mestre zen español Dokusho Villalba e foi alumno de Dinámica Mental e Hipnose do profesor José Mir Rocafort.

Dos seus libros publicados destacan Cocina para sanar las emociones (2007), Tratamientos naturales de urgencia (2008), Cómo vencer el estrés (2009) e  Sexo… ¡Naturalmente! (2010). En maio de 2009 foi galardonado como doutor Honoris Causa polo Consello Iberoamericano de Educación, promovido pola Fundación Dharma, polo seu labor solidario e de promoción da saúde.