Jaime Asensi Cabirta

Jaime Asensi traballa dende os anos 80 en deseño gráfico e maquetación en axencias e estudios de deseño. Ilustrou o conto Vanesa non quere ser princesa.

Jaime Asensi, ilustrador. Traballa dende os anos 80 en deseño gráfico e maquetación en axencias e estudios de deseño en Madrid, A Coruña e Santiago de Compostela. En 2003 ilustrou o poemario de Álvaro Gómez La noche azul, en 2004 adaptou a BD a peza teatral Ubu rey, de Alfred Jarry, e en 2010 a obra de F. Arrabal PICNIC a cómic. Ilustrou os contos Vanesa non quere ser princesade Xosé Antonio Perozo (2004); Tom e Mix, os cabalos de Clara, de Francisco López-Barxas (2009); e Monadas, de Luce Moreau-Arrabal (2009).

Jaime Asensi colaborou co Consorcio de Santiago ilustrando os libros da colección Historias de Santiago e con editoriais como Ediciones Libertarias, Ediciós do Castro, Ir Indo, Sotelo Blanco, Auga Editora, Edicións Xerais, Editorial Galaxia, Everest Galicia, Libros del Innombrable ou Grupo PRISA Revistas.