Fran Muñiz

Fran Muñiz debuxa dende que é quen de recordar. Forma parte de Rumores de Compostela e Unha gota é un océano, de Auga Editora.

Fran Muñiz (Proba do Carmiñal, 1982). Galego do 82, da Pobra do Caramiñal e acuario de manual, debuxo dende que son quen de lembrar. Comecei a carreira de Belas Artes alá polos comezos do ano 2000, pero non cheguei a rematala e a vida encargouse durante moito tempo de manterme profesionalmente ocupado noutros menesteres, aquí e no estranxeiro. Vivín uns cantos anos en Vigo, outros tantos en Madrid e logo marchei a Italia, lugares nos que fixen carreira no campo da restauración (aínda que nunca deixei de coller o lapis á mínima oportunidade).

Cando tiven que volver, logo dun tempo sentín que chegara o momento de deixar saír o que levaba tanto tempo calando, e dende entón aquí sigo, como quen di dende hai nada, traballando duro, reaprendendo con cada debuxo e alimentando a ilusión de dedicarme ao que máis me gusta facer, que é debuxar.