Fernando J. Ponte Hernando

Doutor en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor de Historia da Ciencia.

Colaborador de El Correo Gallego con temas de actualidade, divulgación e historia da medicina, compaxinou o seu labor entre a investigación e o exercicio da pediatría. Foi director de diversos hospitais en Galicia, Madrid e decano de Ciencias da Saúde da Universidad Alfonso X el Sabio. En 2008 a Real Academia Nacional de Medicina concedeulle o Premio Rodríguez Abaytúa polo seu ensaio Roberto Nóvoa Santos y las Reales Academias de Medicina.