Evaristo Pereira

Evaristo Pereira, deseñador gráfico e ilustrador de Vigo. Forma parte de Rumores de Compostela, último libro de Auga Editora.

Evaristo Pereira de la Torre (Vigo 1959) A súa afección polo debuxo vén de moi neno na escola. En 1973 estuda debuxo na Escola de Artes e Oficios de Vigo e en 1974 colabora na revista cultural do instituto.

En 1977 comeza a súa carreira profesional na axencia de publicidade ERP como debuxante publicitario. No ano 1983 colabora na “Movida viguesa” facendo cómics e ilustracións. Neses anos colabora no suplemento infantil de Faro de Vigo “A Pizarra”. Fai ilustracións e caricaturas para varios xornais galegos. No 1987 ingresa na axencia nacional ALAS DELVICO BATES, traballando en grandes campañas nacionais. No ano 1990 ingresa na Axencia de Publicidade Proceltha facendo campañas para a Xunta de Galicia, empresas do sector naval e publicidade xeral de prensa. En 1997 ingresa no estudio Variografik, traballando xunto ao deseñador e publicista Carlos Núñez, en proxectos para importantes empresas locais e nacionais. Tamén fai planos de cidades galegas en 3D.

Evaristo Pereira, hoxe en día traballa para editoriais galegas, ilustrando contos infantís e libros de texto, e ilustración xeral para axencias de publicidade.