Eugenio Granell

Eugenio Granell

A Coruña, 1912 – Madrid, 2001. Pintor e escritor.

Foi un xenio integral de expresión moi polifacética, tanto nas artes (cultivou o debuxo, a colaxe, o gravado, a pintura, a escultura, a ensamblaxe, o deseño, a escenografía ou a música e o cine) como nas letras (cultivou o ensaio, o estudo, o artigo, o panfleto, a poesía, o conto e a novela). Pero fíxoo todo con amor e con humor alleos ao impositivo, ao dogmático, ao oportunista, ao falso, ao baleiro e ao solemne, comprometido sempre co humanismo liberacionista e antiautoritario na organización social e na vida cotiá. Efectivamente, a axitada existencia que lle tocou vivir en circunstancias tan difíciles como as da guerra civil española e a conseguinte ditadura militar (que o levarían a fuxir de Francia e a exiliarse en América) non impediu que a súa obra multiartística contase sempre co amor e o humor para afirmar as súas irrefrenables ansias de xustiza e liberdade sen límites.