David Gil Porteiro

David Gil Porteiro.

David Gil Porteiro, (Vigo, 1972). Licenciado en INEF, adestrador persoal, corredor e presidente da Asociación FranGil. A Asociación FranGil é un colectivo de persoas solidarizadas coas enfermidades hematolóxicas e coa posibilidade de que os enfermos que as padecen teñan unha oportunidade grazas a un/ha doante compatible non emparentado/a.

A loita de David Gil a favor da doazón de medula ósea e do sangue do cordón umbilical, levouno a realizar no 2009 a súa particular carreira: Correr 500 quilómetros en 10 días para visitar aos hospitais das 7 cidades galegas e informar e sensibilizar sobre este tipo de doazóns en vida. En cada un dos hospitais entregou 100 camisetas destinadas aos próximos 100 rexistros de doantes de medula ósea. Este feito deu orixe a 700 camisetas contra a Leucemia, que este ano cumpre a súa décima edición.