Anxo Fariña

Anxo Fariña ilustrou Rumores de Compostela.

Anxo Fariña (Vigo, 1977). Nacín en Vigo, hiperactivo, soñador, inquieto… ilustrei o meu primeiro libro con once anos. Con catorce anos tiven que poñerme a traballar, mais seguín estudando para acadar o meu soño e chegar á universidade para facer Belas Artes. Neses anos, fun traballador vertical, montador de espectáculos, monitor de campamentos, profesor de patinaxe, profesor de pintura, guía de montaña e axudante nun centro de acollida de menores. Este último traballo cambiou para sempre o meu xeito de ver a vida, pois alí aprendín que as miñas historias podían facer felices aos demais.

Máis de 55 libros escritos despois (entre eles a famosa saga dos Megatoxos), teño viaxado por medio mundo, escalei unha chea de paredes, gañei algúns premios como o Merlín ou o Frei Martín Sarmiento pola Chave da Atlántida, desenvolvín ideas sobre a creatividade, deseñei proxectos nos que participaron milleiros de escolares e din infinidade de charlas e conferencias.