Antonio Seijas

Antonio Seijas, gañador o Premio Castelao de Banda Deseñada. Da súa produción como ilustrador destacan María Victoria, terra adiante e Onde vai Carlos? 

Antonio Seijas, (Ares, 1976). Ilustrador. O seu primeiro álbum de banda deseñada, Un hombre feliz, gañou o Certame de Banda Deseñada Castelao da Deputación da Coruña. Cun prólogo de Miguelanxo Prado, recibiu o premio de mellor guión, por votación popular, no Saló del Còmic de Barcelona en 2008. No mundo da ilustración traballa para revistas, xornais, webs, cubertas de libros e ilustracións para literatura infantil e xuvenil en diferentes editoriais. Tamén realiza deseños e ilustracións para grupos musicais e discográficas (cubertas, libretos, logos, carteis…).

Antonio Seijas  recibiu excelentes críticas en diversos medios nacionais e estranxeiros. En 2012 publicou Cartas de inverno, unha novela gráfica baseada na de Agustín Fernández Paz do mesmo título. En 2014 a súa terceira novela gráfica, La luz, foi nominada á mellor obra nacional nos Premios Expocómic. Da súa produción como ilustrador destacan las obras La oruga en el bosque creciente, O Castañeiro de Abril, María Victoria, terra adiante Onde vai Carlos?