Antonio Fraga

Antonio Fraga, escritor e enxeñeiro. Con Querido H.P Lovecraft gañou o Premio Antón Risco de Literatura Fantástica e Premio da Crítica de Galicia.

Antonio Fraga (Pontedeume, 1976). Escritor e enxeñeiro técnico industrial. En 2013 deuse a coñecer coa novela infantil Xildas e ese mesmo ano obtivo o Premio Merlín de Literatura Infantil con O Castañeiro de Abril. Publicou, ademais, Tartarus (2016), Querido H.P Lovecraft  (2015, I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica e Premio da Crítica Galicia de Creación Literaria, 2017),  O capitán Maimiño (2016), A virxe das areas (2017), Escaquis e Romeu (2018), No corazón da balea (2018) e O bestiario científico de Anxos Nogueirosa (2018, Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil).