Ana Costas

Ana Costas é unha artista visual con formación en deseño e posgrao en arteterapia. Colabora en Rumores de Compostela, último libro de Rumores de Compostela.

Ana Costas é unha artista visual con formación en deseño e posgrao en arteterapia. A súa traxectoria profesional abrangue diversos campos artísticos dos que salienta o seu traballo de investigación da súa propia obra visual contemporánea e a faceta de deseñadora e ilustradora que compaxina coa formación a través de cursos e talleres.

Actualmente dirixe Estudio de arte/Escola creativa de debuxo e pintura no concello de Teo. Entre os seus traballos editoriais destacan colaboracións con Auga Editora, Sotelo Blanco Editora, Alvarellos Editora, Deputación de Lugo, Deputación de Ourense, La Voz de Galicia, Edicións do Castro. Como deseñadora nas produtoras de cine e teatro, VICI Produccións, Faro Produccións e CDGA. No seu traballo de didáctica artística colabora con CAFI, Consellería de Educación, Consellería de Xuventude e Voluntariado e noutras entidades públicas e privadas como concellos e centros de arte.

Entre outras exposicións, destaca a súa participación na creación e coordinación do proxecto expositivo colectivo ‘NOn Mundo’ no Pazo de Sabadelle en Chantada, Lugo. Xunto coas artistas e xestoras María Xosé Domíngues e Montse Rego; creadora e partícipe no proxecto colectivo ‘16 ou 20 contidos desbordados’ inaugurada na Fundación ABANCA; ‘Poemas de auga’, exposición individual no Pazo Fonseca coa colaboración dos poemas de Helena Villar Janeiro creados especificamente para as pezas.

Tamén colaborou nas exposicións colectivas da Deputación de Lugo ‘Nos+outras en rede’ e ‘A arte de ser muller nun mundo por compartir’;  ‘Poemas de frío e zinc’ Museo Provincial de Lugo e Pazo de Tor; colectiva ‘A musa da paz’ no Auditorio Municipal de Ourense; ‘Debúxame un conto’ colectiva itinerante no Museo do Pobo Galego; mostra do personaxe ‘Rosalianas’ dentro da exposición temática ‘150 anos de Cantares Gallegos / No principio foi o verso‘Debúxame un conto’ na Fundación Barrié de la Maza en Vigo.