Alejandro Pérez Lugín

Alejandro Pérez Lugín naceu en Madrid 1870 e trasladouse á capital de Galicia aos catorce anos. Bautizárono co nome, moi propio da pequena burguesía da época, de Alejandro María de las Mercedes Pedro Pérez García Serrano Lugín Priego Jiménez Armero y Castro. O seu pai, propietario dunha camisería chamada El Buen Gusto situada nos baixos do Pazo de Bendaña na histórica praza do Toural, era de ascendencia andaluza  e a súa nai galega, relacionada xenealoxicamente coa poeta Rosalía de Castro. En Compostela rematou o bacharelato e licenciou en Dereito. Regresou a Madrid e converteuse nun xornalista afamado e autor de novelas como La Casa de la Troya ou Currito de la Cruz.

A súa obra La Casa de la Troya foi traducida a outros idiomas e recomendada como lectura obrigatoria en moitos centros escolares, universidades españolas e hispanoamericanas. Nos últimos anos da súa vida regresou a Galicia para vivir na súa casa de Culleredo, onde faleceu en 1926.