Alejandro Mínguez

Alejandro Mínguez González. Xornalista e divulgador micolóxico. Recibiu o Premio Carracedo de Xornalismo outorgado pola Deputación de Ourense.

Ourense, 1974. Xornalista e divulgador micolóxico.

Afeccionado por tradición familiar á micoloxía dende neno, con 21 anos publicou co seu pai o primeiro libro sobre cogomelos, ao que seguirían distintos títulos en solitario e colectivos como Setas Medicinales (2009) ou Nove ducias de cogomelos de Ourense (2010). Membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega, foi un dos organizadores das Xornadas Micolóxicas de Celanova e secretario da Asociación Micolóxica Celanovesa. Impartiu conferencias en Galicia, Portugal ou Euskadi sobre distintos aspectos dos cogomelos. Redactor en diversos medios escritos e radiofónicos galegos, destacan as súas achegas divulgativas en materia micolóxica en Faro de Vigo, Galicia Hoxe, A Nosa TerraDiario de Pontevedra ou La Región. Recibiu o Premio Carracedo de Xornalismo outorgado pola Deputación de Ourense.